martes, 17 de abril de 2012

TÉCNICAS DE ESTUDIO


O esforzo aplicado o estudIo non se corresponde as veces cos resultados acadados. As técnicas de estudIo permiten simplificar e optimizar a aprendizaxe. O segredo non consiste en estudiar máis, senón en facelo mellor, con unha actitude axeitada ante a aprendizaxe. O método que utilicemos vai ter unha  importancia decisiva xa que os contidos ou materias obxecto de estudio por sí solos non provocan un estudio eficaz.

A páxina de Técnicas de Estudio facilita información máis que suficiente para que o alumnado poida facer unha reflexión acerca dos seus hábitos de estudo. Parte dunha análise dos erros que se cometen máis frecuentemente e, posteriormente, vai ofrecendo información secuenciada para facilitar a planificación do estudio, asi como varios consellos e videos moi aclaratarios e sinxelos.

BLOG ORIENTACIÓN ACADÉMICA

O Blog do departamento de orientación IES García Barbón (Verín) ofrece unha información actualizada destinada a toda a comunidade escolar. Considero que é importante telo en conta xa que a información que contén ten como referente a normativa legal da Comunidade Autónoma Galega, e  a maioría do noso alumnado, especialmente o que remata 4º de ESO, continua estudos nos centros de Galicia. Neste blog podese consultar prazos de inscripción e matricula en distintas probas e cursos, asi como consultar distintas páxinas que poden facilitar o proceso de toma de decisións.

Blogs de Orientación: AULA PT

AULA PT é un dos blogs que ofrece distintos recursos ao profesorado en xeral. Nel atopamos bancos de actividades clasificados por niveis e por materias tanto para o alumnado de Infantil e Primaria como de Secundaria. Tamén hai material destinado para traballar co alumnado con necesidades educativas especiais. Todos estes recursos teñen a gran vantaxe de que poden ser utilizados directamente polo profesorado e, como os colaboradores son compañeiros do mundo do ensino, todo o material está adaptado as distintas realidades das aulas. Está permanentemente actualizándose e proporciona enlaces a outras páxinas de interese.

AS TICS NA EDUCACIÖN

"101 herramientas digitales para la docencia y el aprendizaje" nesta entrada dentro da páxina Orientación TIC recollense 100 ferramentas dixitais dirixidas a todo o profesorado. Esta extensa e variada recopilación realizada por Juan Domingo Farnos está clasificada en 10 apartados: Wikis,  Open Courseware, Blogging, Twuitter tools, Ensinar con cómics, Videos Educativos, Ferramentas para facer a escritura da diversión, Divertidas ferramentas para estudiantes, Redes profesionais e Sitios que ofrecen grandes ideas e inspiración. Con toda esta variedade de recursos é posible que os profesores poidamos facer uso das TIC de xeito gradual para  incorporalas ao traballo diario de xeito eficaz.



miércoles, 28 de marzo de 2012

BLOG PROFESIONAL

Este artigo plantexa a creación dun blog profesional como un instrumento facilitador do desenvolvemento da labor educativa que nos permite: reflexionar a posteriori sobre a evolución do traballo, neste caso do orientador; progresar en competencias TIC; establecer comunicación con outros profesionais da educación; conectar co alumnado e coas súas familias...etc. Éstas son algunhas das vantaxes, pero para que un blog sexa útil ten que ser dinámico e estar permanentemente actualizado, xa que será canal de comunicación coa comunidade educativa e con outros profesionais

ORIENTACIÓN ESCOLAR

A autora do artigo conta o proceso de creación do blog "Orientagades", os motivos e a evolución dende a súa creación no 2005. Tamén analiza cales son os obxectivos e destinatarios, a estrutura e os recursos que podemos atopar no blog. En cada un deses apartados fai unha reflexión sobre as vantaxes e utilidades que nos ofrece o uso do blog na labor orientadora. Comenta como o uso do blog pretende incorporar as TIC á labor orientadora e facilitar ao alumnado o proceso de toma de decisións e o desenvolvemento da competencia dixital e tratamento da información. Tamén fai fincapé na importancia do traballo colaborativo con outros orientadores.       
O blog é algo dinámico; como dice a autora do artigo, é algo inacabado, sempre hai que facer modificacións, añadir novas entradas...implica un gran traballo; por iso fai unha reflexión sobre a importancia do traballo colaborativo, dada a amplitude e diversidade de contidos aos que hai que dar resposta como orientadores.

CREAR O BLOG

Daniel Veiga, partindo da propia experiencia, fai unha análise global das posibilidades de usar as TIC no campo da orientación,  facilita páxinas de internet que permiten crear  os noso blogs e comenta de forma detallada o  proceso de creación do blog do seu IES . Tamén fai un comentario do relacionado coa web 2.0 . Segue incidindo na importancia da creación blog do departamento de orientación como unha das ferramentas claves para uso dos orientadores.